IAESTE > A organización > Presenza no mundo

PRESENZA NO MUNDO

O programa IAESTE acumula dende os seus orixes máis de 300.000 intercambios e é a asociación decana no referente a mobilidade internacional no ámbito universitario. Actualmente, forman parte da asociación máis de 80 países, unha cota de presenza que tan só posúen organizadores como Nacións Unidas ou a Cruz Vermella. Asemade, durante moitos anos, IAESTE desenrolou un papel clave nas relacións exteriores de moitos países, especialmente naqueles de órbita soviética.

O alcance internacional concrétase coa implantación do programa en máis de mil universidades e institucións cooperantes, e coa participación de máis de 3000 empresas. A nivel mundial, xestiónanse anualmente o redor de 6000 intercambios. O principal foco de actividade fórmano os países da Unión Europea cun volume de actividade medio de 2500 prácticas, 700 no resto de países europeos, 800 en Asia e Australia e 600 no continente americano.

Por países, o Estado Español é o terceiro membro no que respecta o volume de ofertas aportadas (350), detrás de Alemaña (900) e Brasil (370).

IAESTE establece que todo Comité manterá relacións co máximo número de interlocutores, o que converte a entidade nun referente internacional e unha auténtica rede de cooperación global.