|
IAESTE > As prácticas > ¿Que son? ¿QUE SON?Listado de especialidades aceptadas(pdf) O programa IAESTE ofrece e tramita prácticas de carácter internacional a estudantes de especialidades técnicas, ou a empresas nacionais que aceden a acoller futuros profesionais estranxeiro. A característica principal do programa de intercambio profesional IAESTE é a enorme versatilidade das ofertas cás que traballa. Os parámetros que definen a oferta son flexibles e decídeos o empresario en función das súas necesidades. Asemade, os estudantes aceden a un amplo abanico de propostas profesionais acordes as súas motivacións, currículo e axenda académica. As prácticas son remuneradas, asegurándose uns ingresos mínimos que permitan ó estudante facer fronte ó custe de vida do país de destino. A xornada laboral acostuma a ser de 40 horas semanais. O aloxamento e a recepción corre a cargo da asociación, e ademais de organizar actividades culturais durante a campaña, mantense atención continua as empresas e estudantes para corrixir calquera dúbida ou incidencia. |