IAESTE > As prácticas > ¿Como funciona?

¿COMO FUNCIONA?

O calendario de IAESTE é de réxime anual, podemos distinguir tres etapas diferenciadas no proceso de funcionamento:

-Durante unha primeira etapa, que se desenvolve entre outubro e decembro, reúnense as prácticas ofertadas polas empresas de ámbito nacional. Nesta fase participan activamente os membros da asociación dirixíndose ás empresas locais e establecendo compromisos de cooperación concretos con cada entidade e institución.

-Nunha segunda fase, procésanse todas as ofertas obtidas e procédese a intercambialas con outros países no transcurso da General Conference de IAESTE – xaneiro -. Este intercambio realízase considerando as necesidades específicas de cada empresa e asignándoas ós países que ofrecen mellores candidatos. Con este intercambio multilateral tamén nos adxudicamos a mesma cantidade de ofertas para distribuír entre os estudantes españois.

-Nunha última fase, as bolsas adxudícanse ós correspondentes candidatos de acordo ó perfil estipulado e procédese a tramitación. Facilitarase a candidatura correspondente a cada empresa ou institución para que avalíe a súa adecuación o perfil requirido na oferta. Unha vez notificado o visto bo a práctica realizarase cando toque, usualmente entre xullo e setembro pero tamén noutros períodos e distinta duración.