IAESTE > As prácticas > ¿Como participar?

¿COMO PARTICIPAR?

EMPRESAS- Aquelas empresas que desexen coñecer a asociación con máis detalle ou colaborar ofertando prácticas profesionais, poden dirixirse a delegación territorial correspondente ou a calquera outro centro adscrito a propia delegación. Ver sección empresas para unha información máis detallada dos diferentes aspectos e factores a considerar.

ESTUDIANTES- Aqueles estudantes que queiran participar activamente no intercambio deben dirixirse o centro membro que lle corresponda segundo procedencia e especialidade. Para adquirir dereito a praza tense que colaborar activamente na asociación, ben sexa na captación de empresas, ou na actividade ordinaria de difusión e funcionamento do programa. A participación é libre e voluntaria. Soamente poden participar do intercambio estudantes matriculados en facultades ou escolas con condición de membro de IAESTE.

FACULTADES/UNIVERSIDADES – Aqueles “Centros Universitarios” ou “Facultades” que desexen adquirir a condición de membro teñen que dirixirse a Secretaría Nacional ou Delegación pertinente para solicitar a alta, suxeita a aprobación da Asemblea Xeral. Ver sección Novo Centro.