|
IAESTE > As prácticas > Novo centro NOVO CENTROSer membro de IAESTE significa participar activamente no proceso de intercambio, ofrecer ou aportar ofertas de carácter profesional e obter a cambio ofertas para realizar prácticas de carácter técnico neutros países. Poden ser membros de IAESTE aqueles centros docentes de educación superior en ámbitos técnicos que expresen a vontade de selo. Para solicitar a alta débese cursar unha +++petición formal, avalada pola secretaría académica do centro docente, a Secretaría Xeral de IAESTE España ou a delegación territorial correspondente.(.doc-.pdf) O regulamento de funcionamento de IASTE estipula que todo centro debe dispor de dúas figuras básicas: -Alumno delegado: responsable de representar ó centro nas diferentes reunións ou actividades de ámbito nacional e coordinar o día a día da asociación no campus. -Profesor responsable: responsable de representar a asociación en esferas académicas e outros estamentos ocasionais. Este asume tamén responsabilidades indirectas na actividade regular da asociación, a vez que vela pola súa continuidade. Os estatutos de IAESTE establecen que os membros da asociación son os centros e que o ingreso na organización está suxeita a aprobación da Asemblea Xeral de IAESTE Spain. |