|
EMPRESAS> ¿Que ofrece IAESTE? ¿QUE OFRECE IAESTE?A organización ofrece ás empresas ou entidades públicas e privadas a posibilidade de incorporar estudantes estranxeiros de especialidades técnicas en prácticas. A empresa deseña o perfil do estudante segundo un listado de parámetros acordes cas súas necesidades. O mesmo tempo, e de forma recíproca, os estudantes locais optan a realizar prácticas no exterior. O corpo internacional de IAESTE constitúe unha plataforma de alcance mundial idónea para contactar con profesionais doutros países, explorando novas posibilidades de negocio e de apertura de proxectos pilotos en mercados emerxentes. A colaboración coa entidade supón tamén a aceptación implícita da responsabilidade do sector empresarial co entorno académico e o seu desenrolo cualitativo. IAESTE encárgase dos trámites pertinentes, de recoller ós estudantes a súa chegada e de proporcionarlles aloxamento. Ademais, durante todo o ano, desenrola un programa social para facilitar a integración dos estudantes na nosa sociedade, celebrando encontros semanais, saídas os fins de semana, etc. O programa IAESTE é enriquecedor en todos os aspectos xa que posibilita o desenrolo intelectual e social dos futuros enxeñeiros, arquitectos e outros profesionais durante o seu período universitario, valores que repercuten inequivocamente na nosa sociedade, aumentando a súa competitividade e situándoa na esfera internacional. |