EMPRESAS> Parámetros a especificar

PARÁMETROS A ESPECIFICAR

DURACIÓN - PERIODO - ESPECIALIDAD - NIVEL - IDIOMAS - REMUNERACIÓN -  OTROS REQUISITOS

A empresa que ofrece unha práctica a través do programa IAESTE dispón da liberdade de fixar determinados parámetros en función das súas necesidades profesionais. Estes parámetros son de aplicación internacional e o estudante proposto terá que axustarse ás características preestablecidas.

DURACIÓN: a duración estándar adoita ser de 2 a 3 semanas, a pesar do cal os límites están entre 6 semanas e un ano. A empresa determina a duración das prácticas mediante un intervalo de tempo ou número de semanas predeterminado. Neste aspecto é necesario ter en conta a normativa legal vixente segundo a cal, un estudante que non pertence a Unión Europea normalmente non poderá realizar estancias en prácticas durante un período superior a 3 meses.

PERÍODO: ademais da duración das prácticas, a empresa tamén fixa o período de realización destas. O estudante nomeado propoñerá unhas datas concretas axustándose a duración e o período ofertado pola empresa. Os límites de inicio e finalización das prácticas están entre o 1 de xuño e o 31 de maio do ano seguinte, respectivamente. Exemplo: de 2 a 3 meses, entre o 1 de xullo e o 31 de decembro.

ESPECIALIDADE: a empresa pode solicitar calquera das especialidades que engloba o programa de intercambio, podendo incluír múltiples especialidades dentro dunha mesma oferta de prácticas. Exemplo: Enxeñería de camiños ou Arquitecto ou Aparellador.

IDIOMAS: a empresa pode solicitar un ou varios idiomas en función das súas necesidades ou ubicación xeográfica. Sen embargo, o inglés adoita ser o único idioma solicitado na maioría dos países xa que aumenta as posibilidades da empresa de atopar un candidato que se axuste a súa oferta. Por outra parte, as restricións nos idiomas requiridos poden entrar en conflito con outros parámetros. Así, unha beca superior a 3 meses intercambiarase normalmente con países da Unión Europea, e o requisito do español de nivel 1 adoita supor o intercambio con Sudamérica, entrando en conflito cá normativa legal vixente. O coñecemento de cada idioma pode solicitarse de acordo ó nivel de esixencia da empresa (obrigatorio, opcional, recomendable) e o grado de dominio do estudante (1 – dominio perfecto da lingua, idioma nativo-, 2 –intermedio-, 3 –coñecemento básico-).

REMUNERACIÓN: O estudante percibirá unha axuda económica durante a realización das prácticas. A retribución mínima calcúlase a partir do Produto Interior Bruto (PIB) de cada país e cubrirá os gastos básicos derivados da estancia. No caso de España o soldo mínimo é de 600 € o mes. No caso de que a empresa dera o estudante dietas ou outras axudas imputables ó custe da vida, estes poderían descontarse da cantidade a percibir.

OUTROS REQUISITOS: Neste campo pode incluírse aqueles requisitos propios da tarefa a realizar durante a práctica: coñecementos de programas informáticos específicos, temáticas concretas, habilidades, etc.