|
EMPRESAS> ¿Como funciona? ¿COMO FUNCIONA?No momento no que unha empresa establece os parámetros e formaliza a oferta de prácticas iníciase un complexo proceso de xestión e filtrado das ofertas. Durante este proceso considéranse as necesidades e requisitos particulares de cada oferta, e se procede a negociación cos diferentes países que ofrecen candidaturas competentes. Todas estas xestións materializaranse durante o transcurso do encontro anual a nivel internacional que ten lugar a finais de xaneiro. Unha vez seleccionado o candidato idóneo ós intereses da empresa, esta recibirá toda a información e documentación correspondente entre os meses de marzo e abril. Se por algunha razón excepcional o currículo do candidato non respondera as expectativas da empresa, a delegación de IAESTE correspondente contactaría co país co que se realizou o intercambio para solicitar unha segunda candidatura. A partir do momento no que se recibe o aviso bo da empresa, IAESTE asume a responsabilidade das xestións, incluída a recepción e aloxamento dos estudantes. |