EMPRESAS> Marco legal

MARCO LEGAL

Os estudantes en réxime de intercambio de IAESTE realizan prácticas de carácter académico, no laboral, polo que non é preciso o alta na Seguridade Social. Todos os bolseiros veñen cubertos por un seguro internacional de accidentes, enfermidade, repatriación, non tendo que cubrir a empresa estes riscos.

Con carácter xeral, a situación na que se atopan os estudantes estranxeiros beneficiarios dos acordos do intercambio e formación levados a cabo pola asociación I.A.E.S.T.E., e en especial o tratamento fiscal aplicable os seus ingresos, require unha aclaración previa sobre a súa situación legal. A Lei 11/1983, do 25 de agosto, de Reforma Universitaria establece, no seu artigo 29, número 1, o seguinte:

Art. 29 Un. Con relación o establecido no artigo anterior, as Universidades aprobarán os seus plans de estudo, (…) e os traballos ou prácticas que deben realizar os estudantes. (…)

Por outra parte, o Real Decreto 1497/1981, do 19 de xuño, sobre Programas de Cooperación Universitaria establece, no seu artigo 7, número 1, o seguinte:

Art. 7 Un. A participación dunha empresa nun programa non suporá a adquisición de máis compromisos que os estipulados no Convenio, e en ningún caso derivaranse obrigacións propias dun contrato laboral (…)

Polo tanto, e da lectura conxunta de ambas disposicións legais, resulta evidente que os ingresos percibidos polos estudantes estranxeiros, no marco do intercambio patrocinado pola asociación I.A.E.S.T.E., non ten a súa orixe nunha relación contractual de tipo laboral.

Establecida a orixe no laboral dos mencionados ingresos, é necesario determinar o tipo de gravame específico aplicable os mesmos, dentro do réxime xeral de retencións aplicables a todos os ingresos que establece a Lei 18/1991, do 6 de xuño, do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas. Así, a determinación do tipo de gravame aplicable os ingresos percibidos polos estudantes estranxeiros resulta establecida con precisión pola súa nacionalidade, xa que a súa situación varía en función de si o Estado de orixe do estudante estranxeiro posúe ou non un Convenio de Dobre Imposición firmado con España, e no caso de ser así, das disposicións establecidas no mesmo sobre a materia.

Polo tanto, o tipo de gravame aplicable os ingresos percibidos polos estudantes estranxeiros é determinado dunha das dúas formas seguintes:

1º) No caso de estudantes estranxeiros cuxos Estados de orixe non posúan un Convenio de Dobre Imposición firmado con España, é de aplicación ó réxime xeral establecido na Lei 18/1991, do 6 de xuño, do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas.

2º) No caso de estudantes cuxos Estados de orixe posúan un Convenio de Dobre Imposición firmado con España, é de aplicación ó réxime establecido polos mesmos.

De ter algunha dúbida nestes temas rogámoslles póñanse en contacto coa Secretaría Xeral de IAESTE España.