|
EMPRESAS>Trámites TRÁMITES"Folla amarela" (.doc-.pdf) Para formalizar unha oferta de prácticas a empresa entregará a asociación 3 copias firmadas e seladas do modelo do formulario de IAESTE (descargue o formulario “folla amarela” e as instrucións para cumprimentalo). O formulario establece o compromiso de colaboración e pode entregarse na delegación ou centro correspondente. Unha vez aceptado o estudante para as prácticas, o único trámite requirido á empresa é a devolución da documentación relativa ó proceso de aprobación do candidato. IAESTE asume o resto de xestións derivadas do proceso e ofrece un servizo de atención permanente para resolver calquera incidencia que puidera ocorrer no período previo, simultáneo ou posterior a realización das prácticas. |