CENTROS>Presenza en España
PRESENZA EN ESPAÑA
ANDALUCIA - CATALUNÑA - CENTROS NON ADSCRITOS - EUSKADI - MADRID - VALENCIA
O Comité Español para o Intercambio de Estudantes Técnicos 56 facultades de todo o país, ás que IAESTE recoñece como Centro. Os Centros son quenes establecen o contacto directo co alumnado e quen distribue finalmente as prácticas. Consultade o listado de Centros no directorio.
Por enriba dos centros atopamos as Delegacións, estas asumen a xestión administrativa e a interlocución ante a Secretaría Xeral e outras institucións. É tamén responsabilidade das Delegacións ofrecer atención continuada as empresas e velar pola calidade do programa, ben sexa nas súas funcións ordinarias, de representación na Comisión Permanente de IAESTE Spain ou no arbitraxe de incidencias entre os diferentes centros adscritos.
A continuación listaranse as diferentes delegacións representadas na Comisión Permanente de IAESTE Spain, así como unha descrición xeneralista da súa actividade. Aqueles centros que non alcancen suficiente entidade ou volumen de actividade para constituirse en Delegación recoñécense como Centros Non Adscritos.
ANDALUCIA - CATALUNÑA - CENTROS NON ADSCRITOS - EUSKADI - MADRID - VALENCIA
ANDALUCIA:
No ano 1993 uns poucos estudantes de Enxeñería Industrial de Málaga coñecedores do programa IAESTE noutros lugares de España, decidiron fundar un comité local na súa escola. Constituíase perseguindo o propósito que abandeira IAESTE: fomentar unha formación máis completa e aberta ós estudantes.
Hoxe en día, a nosa asociación presta un inestimable servizo ós estudantes da Universidade de Granada, Málaga e Sevilla, Universidades que recoñecen e apoian as nosas iniciativas e actividades. Un feito remarcable de IAESTE en Andalucía foi a constitución de IAESTE Industriais de Málaga na delegación a partir da concesión de todos os comités de IAESTE na zona.
m: iaeste@uma.es – w: www.iaeste.uma.es
CATALUÑA:
Establecida como delegación no ano 1981, foi a primeira que optou por constituirse seguindo un modelo organizativo descentralizado. A sede de IAESTE Cataluña atópase no Campus Nord da UPC, universidade que tradicionalmente albergou o groso de especialidades técnicas. Actualmente atopamos adscritas facultades e escolas pertencentes á UdG, URL, UPF e UB.
(Nota: varias destas universidades convalidan as prácticas IAESTE como créditos de libre elección).
Constituen a delegación un total de 15 Centros que acumulan un promedio de 100 intercambios anuais. A actividade de IAESTE concéntrase nas zonas de influencia de Barcelona, Mataró e Girona.
www.iaeste.cat - info@iaeste.cat
CENTROS NON ADSCRITOS:
Pertencen a Centros Non Adscritos todos aqueles Centros situados en Comunidades Autónomas onde ou ben hai poucas facultades e escolas adscritas ó programa IAESTE, ou ben por volumen de actividade non é adecuado constituirse en Delegación.
Actualmente IAESTE Zaragoza ostenta a representación dos comités de IAESTE de Vigo, Santander Oviedo, Burgos, Gandía, …
m: iaeste@unizar.es - w : www.cps.unizar.es/iaeste
Descargar lista y direcciones de los Centros no Adscritos. (.pdf)
EUSKADI:
A delegación de IAEST Euskadi, que actualmente representa os centros de Enxeñería Industrial e de Telecomunicacións de Bilbao, ven operando regularmente dende os inicios da asociación en España, ala polo 1951. dende entón, foi crecendo grazas ó traballo e a ilusión aportadas polos socios, o apoio de ETSI e a colaboración do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Bilbao. Isto posibilitou que máis de 600 estudantes completen a súa formación, non só en aspectos teóricos e prácticos relacionados coa súa carreira, senón tamén no coñecemento de distintos idiomas, sociedades e culturas. Desta forma, o programa IAESTE aporta persoas cualificadas ó mercado de traballo vasco neste novo século caracterizado pola apertura de fronteiras e integración en Europa.
m: iaeste@iaeste.bi.ehu.es – w: http://iaeste.bi.ehu.es
MADRID:
En Madrid foi onde aterrizou IAESTE a principios dos cincuenta, dende ese momento a actividade da nosa asociación non se interrumpiu nunca. Actualmente o groso da actividade compárteno enxeñeiros de telecomunicación e aeronáutica aínda que van tomando peso as especialidades de arquitectura, industriais e camiños, canais e portos.
A delegación recae hoxe en día na Escola Superior de Enxeñería de Telecomunicacións de Madrid que tomou o relevo da Escola de Enxeñeiros Aeronáuticos. Pola súa situación xeográfica IAESTE Madrid ten un papel destacado nas relacións de IAESTE có INJUVE (Instituto da Xuventude).
m: becas@iaeste.etsit.upm.es - w: www.iaeste.etsit.upm.es
VALENCIA:
A Delegación de Valencia, constituida como federación de asociacións en 1986, ten a súa sede central na Universidade Politécnica de Valencia. Actualmente está formada por 14 centros, e é das maiores delegacións españolas, tanto polo seu volumen de prácticas conseguidas (en torno a 120 anuais), como polo número de estudantes asociados. A súa actividade concéntrase maioritariamente (aínda que non exclusivamente) na cidade de Valencia e os seus arredores.
IAESTE Valencia conta co apoio da Universidade Politécnica de Valencia a través do seu Vicerrectorado de Alumnado e Intercambio Académico. Ademáis, as prácticas IAESTE son convalidables por créditos de libre elección na maioría das escolas da UPV.
m: iaeste@upvnet.upv.es – w: www.iaestevalencia.tk