EMPRESAS>Conceptos básicos
CONCEPTOS BÁSICOS
STUDENT NOMINATED (.doc-.pdf), CANDIDATURA:
É o formulario base para presentar candidatura a unha oferta. Cando un estudante formaliza a súa candidatura debe entregar: o certificado de solicitude da oferta, comprobante do abono da cuota de prácticas, por triplicado: Student Nominated, carta de presentación dirixida a empresa, Currículum Vital, Matrícula da Universidade, lista de asignaturas cursadas e toda a documentación que consider oportuna.
EMPRESAS PROHIBIDAS:
Son aquelas que na campaña anterior ofreceron prácticas a través dalgún Centro, neste caso o Centro terá exclusividade de trato para, estando prohibido para os demáis Centros contactar coa empresa en cuestión. IAESTE Spain facilita ós Centros o listado destas prácticas ó inicio da campaña.
ACOTACIÓN DEL TÉRMINO “D”:
O termo “d” (número de cancelacións a estudantes do Centro por empresas estranxeiras) deberá acoutarse cando o número de ofertas obtidas no Intercambio Internacional sexa insuficiente para cubrir o número total de ofertas correspondentes ós Centros. Esta situación darase sempre que o número de bonificacións “positivos” acumulados en todos os Centros sexa superior o número de penalizacións “negativos”. O termo “d” acoutarase ó valor máximo que permita que o número de ofertas obtidas no Intercambio Internacional sexa igual ou maior que o número total de ofertas correspondentes ós Centros. (fragmento do reglamento)
PUNTUACIÓN DE LOS POSITIVOS Y NEGATIVOS:
A aqueles Centros que presentando menos ofertas da Especialidade na que participan que as que teñen dereito (é decir, teñen máis bonificacións que penalizacións) valoraráselles as ofertas ficticias que supoñen as bonificacións coa media das puntuacións das ofertas do Centro intercambiadas correspondentes a esa especialidade.
A aqueles Centros que presentaran máis ofertas á Especialidade na que participan que as que teñen dereito (é decir, teñen máis penalizacións que bonificacións) anularáselles a cantidade de ofertas necesarias para equilibrar ámbalas dúas cantidades. As bolsas que se anularán serán aquelas con puntuación máis cercana á media das puntuacións das bolsas do Centro intercambiadas correspondentes a esa especialidade. No caso de empate quitarase a oferta de puntuación inferior. (fragmento de reglamento)
OFERTAS DE SEGUNDO PLAZO:
Son aquelas que non foron adxudicadas a ningún estudante tras o primeiro reparto, calquer estudante pode optar a elas sempre que cumpra co perfil profesional especificado. As ofertas de segundo prazo adxudícaas a Comisión Permanente considerando os seguintes criterios: dar prioridade ós candidatos de Centros que se viran prexudicados na Poxa ou cuxos alumnos puideran ter sido cancelados ata a data, reparto proporcional en función de alumnos solicitantes e os diferentes Centros ós que pertencen, en calquera caso é imprescindible que o perfil do solicitante se adapte á oferta.
RENUNCIAR A LA OFERTA:
Un estudante español RENUNCIA á oferta cando o estudante comunica á Secretaría Xeral a súa decisión de non realizar as prácticas as que optara. Nese caso, o estudante recibirá un reembolso do 50% da cota de estudante no caso de que a renuncia se produza con 45 días ou máis de antelación sobre a data de inicio da práctica proposta polo estudante no Form “O” (Student Nominated). Se a renuncia se produce con menor antelación, o estudante non recibirá ningún reembolso da cota de estudante. No caso de renuncia, o Centro verase prexudicado cunha penalizacion dun Negativo para a seguinte campaña. (fragmento do reglamento)